«Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar.»
«Cunqueiro preséntanos unha colección de personaxes tomados da Galicia de mediados do século XX. Bota man de forma deliberada da confusión, e non sabemos se son froito da súa imaxinación ou tomados da realidade, ou se ambas as cousas se mesturan.»